Caderno formativo, a historia da Revolución Rusa (s.XVII - 1917)

Autor: Isca!

Sobre o autor:

Isca é unha organización xuvenil galega que traballa polo horizonte estratéxico da construcción dunha República Socialista Galega desde posicións feministas e revolucionarias.

Máis información:

A un día do 97 aniversario (25 de outubro polo calendario Xuliano do Imperio Ruso da época) do comezo do que sería o segundo acto da Revolución Rusa que levaría aos bolxeviques ao poder e á proclamación do primeiro Estado Socialista da historia da humanidade, publicamos un novo caderno formativo que trata sobre a historia da Revolución, antecedentes e consecuencias.

Dividido en 5 partes, o caderno achégase á situación social e económica da Rusia dos Tsares, cuxa estrutura social era de carácter amplamente feudal. Pobreza, ignorancia e aillamento son os mellores adxectivos cos que describir o mundo rural na Rusia da época. Achegámonos aos mir (consellos de aldea) e á aparición dos kulaks. Á tradición revolucionaria dos intelectuais rusos que sentían unha gran empatía cun pobo escravo. Tamén á revolución de 1905 que deu lugar á creación da Duma (parlamento Ruso), o ciclo revolucionario do 1917 (febreiro – outubro) e a visión da época do que significaba a revolución. Porque non hai teoría revolucionaria sen práctica revolucionaria, nin práctica revolucionaria sen teoría revolucionaria.

Descarga e difunde!

Ver tamén: