Contra o xenocidio sionista, Palestina vencerá!

 cartaz-palestina-web.png

“(….) desde o 19 de xuño en que comezou a tregua ata o 19 de decembro en que rematou, Israel violou o acordo de cesamento do fogo varias veces e matou a 49 palestinos. Durante este período as faccións palestinas en Gaza non mataron a nin un só civil israelí. Polo tanto, un sempre está movido a preguntar que se supón que teñen que facer as autoridades palestinas en Gaza cando Israel está dicíndolles cos feitos que só teñen dúas opcións ante si: ou unha agonizante morte a consecuencia dun asedio criminal, ou ser asasinados polo exército de ocupación israelí.”

Khalid Amayreh, xornalista palestino

 

 

Finalmente, Israel decidiu arrasar Gaza. Despois de -como resposta á vitoria electoral de Hamas- convertir aquel territorio nun enorme campo de concentración, cun brutal bloqueo e continuos cortes de luz e auga, con continuas incursións militares, detencións arbitrarias e asasinatos, agora bombardea e ataca indiscriminadamente a poboación civil, como parte dunha estratexia electoral na que os líderes israelís compiten por ver quen é máis sádico cos árabes.

A situación da franxa de Gaza xa era desesperada antes deste ataque, sen acceso a bens básicos e en constante asedio, coas fronteiras pechadas e provocando un auténtico holocausto en cámara lenta que agora se ve acelerado con esta agresión.

É preciso sair á rúa e mobilizarse, denunciar o xenocidio e o carácter criminal e racista do estado israelí. É preciso denunciar a complicidade dos EUA (principal sustento económico e militar de Israel), e da UE con este xenocidio, e esixir da comunidade internacional medidas de presión e aillamento contra Israel para impor unha solución xusta na terra palestina. Solución que debe comezar polo fin da ocupación, o desmantelamento dos asentamentos coloniais e a volta dos refuxiados ás súas terras roubadas.
Desde a sociedade galega, é preciso comezar a artellar campañas de boicote total a Israel e a todas as súas expresions económicas, culturais ou deportivas que non se desmarquen do sionismo.

Se o apartheid sudafricano caeu, tamén podemos derribar o novo apartheid sionista, co compromiso solidario de todos os pobos do mundo no apoio á lexítima loita da resistencia palestina.

 

Descarga o Rebater en pdf

Descarga o cartaz en pdf

 

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario