Contra o uso dos estadios galegos polas seleccións españolas

O partido que a Selección Española xogará o 5 se setembro no Estadio Municipal de Riazor (España – Bélxica), valedoiro para a clasificación para o Mundial de Fútbol de 2010, responde a unha petición da Federación Galega de Fútbol co gallo de celebrar o seu 100 cabodano, máis cumpre tamén unha vontade que leva tempo reivindicando o PPdeG. Así, fai pouco máis de un ano o Partido Popular levara ao parlamento unha iniciativa legal na que se recollía a petición de que a Xunta fixera as xestión necesarias para traer a selección española xogar a Galiza. A proposta fora entón rexeitada por PSdeG e BNG. A última vez que esta selección pisou Galiza fíxoo en Balaidos o 13 de Novembro de 1999 fronte á selección do Brasil.

A idea que sempre tivo o PPdG sobre as seleccións galegas non é un segredo, xa que todos somos coñecedores do moito apoio que procurou para que non existisen. Agora, tras as declaracións públicas do novo Secretario Xeral de Deportes da Xunta nas que dixo que “non se ían detraer fondos públicos” para organizar xogos da Selección Galega, referíndose neste caso ao Fútbol, vemos claro que tódalas disciplinas deportivas correrán a mesma sorte. Engadía que os xogos das Selección Galega “non se ían prohibir”, deixando a vontade da súa organización á Federación Galega. Julio Meana (presidente da FGF) ten amosado a súa opinión despectiva sobre os encontros da Selección Galega de Fútbol, aos que denominou partidos entre solteiros e casados, facendo alarde do seu españolismo.

Colonialismo deportivo.

A separación de deporte e política é algo moi demandado por moita xente. Esto soa irónico cando unha competición oficial no estado leva o nome de “Copa de El Rey”. Rememorando o acontecido na final desta competición entre o Athletic de Bilbao e o F.C. Barcelona, onde facendo un uso da liberdade de expresión asubiouse a presencia do monarca e da Marcha de Granadera (himno de España) por parte da inmensa maioría de persoas de ambas afeccións como mostra do rexeitamento deste réxime. Esta acción tivo reaccións no mundo político, con declaracións moi duras en contra do seareiros por parte do dirixente do actual presidente do goberno da Xunta.

Como comprendemos, o uso político do deporte está presente pero procurase disimular. A intencionalidade é clara: substituír a identidade, eliminando ás seleccións galegas e mediante o desembarco da actual campioa da copa europea, crear unha marea españolista na nosa terra. Procurar unha vez máis a eliminación do sentimento galego para sermos máis colonia a través do deporte. A falta de apoio en tódalas disciplinas, a clara vontade de non apoiar a oficialidade e internacionalidade das seleccións galegas responde a necesidade do PPdG desta arma politizadora e ideoloxizadora que é hoxe o deporte, e que que da man dunha selección española campioa europea ten un instrumento propagandístico envexábel. Campioa de Europa a costa de negar o dereito á oficialidade a outras seleccións nacionais.

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario