Contra Boloña, contra o capital, mobilización

Combater Boloña é hoxe o maior reto ao que ás e os estudantes nos enfrontamos. Ocultos tras o que venden como unha simple “modernización e harmonización do ensino superior europeo” atópanse os intereses das multinacionais, que procuran convertir a Universidade nunha fábrica de futura mao de obra en precario: isto explica o silencio e a manipulación dos medios de comunicación do sistema e a violencia coa que se reprime calquer movemento de oposición e resposta ao modelo de ensino que Boloña impón.

O Proceso de Boloña vén de lonxe, pero ningunha forza parlamentaria no noso país tivo interese en levar este debate das aulas ás institucións, para facer partícipe á comunidade universitaria de decisións que afectan e modifican o seu futuro. Vivimos este proceso como espectadoras e espectadores, coa mobilización como única arma para influir no debate e introducilo na axenda política e mediática.

As dificultades que o estudantado atopa no noso país para artellar unha resposta unitaria e contundente teñen como agravante a estratexia da “conversión paulatina”, é dicir, da adaptación das carreiras a Boloña unha a unha, disminuindo as posibilidades dunha resposta colectiva. Con todo, non podemos deixar de sair á rúa, pois é a nosa responsabilidade como estudantes a de defender a nosa Universidade das agresións que este proceso agocha.

Se vén o discurso con respecto ao EEES segue diluíndose na suposta “mobilidade” dos estudantes através de Europa, outros organismos directamente implicados na aprobación dos futuros títulos non teñen a máis mínima reserva en mostrar a súa verdadeira cara. É o caso da ANECA, onde a súa última publicación datada en febreiro de 2009 di, nada máis e nada menos, na súa introdución: “Por otra parte, el individuo, convertido en empresario de sí mismo, debe ser capaz, utilizando sus recursos y capacidad de leer las necesidades que se demandan en el mercado, de construir una biografía personal que, además de laboral, debe contar con un conjunto de competencias que resulten atractivas a sus posibles empleadores: el individuo pasa, así, a autogestionar sus competencias con el fin de crear un currículum vítae exclusivamente adaptado a las necesidades de las empresas y alejado de otros elementos que habían caracterizado la cultura universitaria tradicional, que acaba subsumida en el mercantilismo. […] lo que se exige es una disponibilidad y flexibilidad totales, individualizando aún más las relaciones laborales y desmantelando las garantías y seguridades conseguidas tras una larga historia de conflicto social y negociación colectiva”

Por todo isto, desde ISCA! queremos mandar a nosa solidariedade e apoio ás compañeiras e compañeiros dos Paisos Cataláns e doutros pontos de Europa, como Grecia ou Franza, que están a ser represaliados por defenderen a Universidade do proceso privatizador de Boloña.

É hora de na Galiza xurdan focos de rebeldía e se retome a loita contra Boloña, que é tamén a batalla por un ensino público, galego e de calidade.

jpuniversitarios1803090.jpg

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario