Contra a ilegalización das candidaturas de Bildu

A seguir reproducimos o comunicado feito público polo MGS sobre a ilegalizacion de Bildu:

 

O Movemento Galego ao Socialismo oponse á ilegalización das candidaturas da coalición Bildu, formada por Eusko Alkartasuna, Alternatiba e independentes, para as eleccións do próximo 22 de maio.

Esta nova aberración xurídica responde a unha decisión política de PP e PSOE con un dobre obxectivo: por unha banda, privar a un importante sector da sociedade vasca de representación institucional, falseando os resultados das eleccións; por outra, impedir o desenvolvemento do proceso que unilateralmente puxo en marcha a esquerda abertzale co obxectivo de acadar a paz e a normalización política. Esta nova ilegalización afecta a dous partidos plenamente legais e a candidatos que asinaron todos eles o seu rexeitamento explícito da violencia, polo que resulta ainda mais inxustificábel e evidencia máis se cabe o carácter antidemocrático do estado español.

Desde o MGS, do mesmo xeito que xa teñen manifestado o BNG ou a CIG, defendemos a legalización de Bildu, así como de Sortu e de todas as organizacións abertzales ilegalizadas polos tribunais españois, e reclamamos novamente o fin das políticas represivas de cara a facilitar chegar canto antes a un escenario sen violencia e onde todas as opcións políticas podan defenderse en pe de igualdade, co único límite da vontade democrática do pobo vasco.

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario