Concentracións ante un novo feminicidio

machismomata31xaneiroAnte un novo asasinato machista, o feminismo galego respostará na rúa con varias convocatorias en diferentes vilas e cidades galegas. É preciso que se nos escoite, é preciso facermos ruido até rematar dunha vez por todas coa violencia machista e o feminicidio. Desde Isca! chamamos a toda a mocidade a secundar as convocatorias e a loitar día a día para derrubar esta sociedade machista e patriarcal.

O machismo mata!

As concentracións terán lugar este martes 31 ás 20h:

  • A Coruña, Obelisco.
  • Compostela, Praza 8 de marzo.
  • Ferrol, diante do Concello.
  • Lugo, diante do Concello.
  • Ourense, Castañeira.
  • Pontevedra, praza da Peregrina.
  • Vigo, Marco.
  • O Carballiño, diante do Concello.

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario