Isca!

En destaque

[Compostela] Luita LGBT+ e sindicalismo

As militantes de Isca! acreditamos na (auto)formación como unha das ferramentas precisas para loitarmos contra o modelo de vida e de relacións que nos impón o sistema, mellorando a nosa capacidade de acción política e militante para así transformar a realidade que nos tocou vivir. Acreditamos en que aprender sempre é a mellor maneira de avanzarmos, construindo alternativas aos poderes que nos queren ignorantes e sumisas.

Desta volta organizamos un acto público baixo o título “Luita LGBT+ e sindicalismo“. Acompáñanos para pór en común diversos coñecementos, vivencias e ópticas. Como seguir abordando a axenda LGBT+ desde a loita da clase obreira? Cremos na necesidade de partillar preguntas e experiencias e dar pé á reflexión e ao debate polo que vos convidamos a asistir a esta palestra que terá lugar en Compostela, na aula 8 da Facultade de Xeografía e Historia da USC (Praza da Universidade, nº1) o xoves 4 de maio ás 20:00 horas.

Agardámoste!

Difunde!