Combater nº6, voceiro nacional de Isca

Máis información:

Como cada Día da Patria, viu a luz un novo número do voceiro nacional da nosa organización, o “Combater”.

Neste número, xa o sexto, poderás atopar información sobre a nosa actividade, así como diferentes artigos que analizan cuestións como o actual panorama do nacionalismo galego, a situación en Venezuela, o movemento estudantil e o papel da Liga Estudantil Galega, os retrocesos nos dereitos das mulleres, ou os ataques ao noso medio natural.

Ademais, recollemos unha entrevista con unha moza sindicalista, Raquel Vázquez, delegada da CIG nunha empresa de telemarketing.

Le e difunde!