Combater nº4, voceiro nacional de Isca

Máis información:

No Dia da Patria saiu de novo á rúa o noso voceiro nacional, “Combater”, desta volta con máis contidos e un formato mellorado, pois con el queremos acompañar tamén o medre e consolidación do noso proxecto, constatado na nosa pasada Asemblea Nacional.

Nesta publicación analizamos diversos temas de actualidade e de interese para a mocidade revolucionaria galega: a necesidade de organizarmos unha resposta á ofensiva do capital, a situación do movemento estudantil, as conclusións tras a sentenza do estatut e a necesidade de avanzar na vía independentista, o mundial de fútbol e as súas consecuencias… entre outros diversos asuntos. Ademais, entrevistamos a un membro do Local Social Aturuxo de Boiro, comezando unha serie de conversas con diferentes proxectos de autoorganización xuvenil por todo o país, que continuará en números posteriores. Por último, tamén divulgamos algunhas das nosas iniciativas, actividades e campañas recentes.

Agardamos que gustes da leitura e que difundas estas ideas.

Descarga e difunde!