IscaConstruíndo poder popular

Arquivo
En destaque

Unha nación, unha selección!

Logo de máis de dous anos e medio da chegada do Partido Popular ao goberno da Xunta de Galiza a ofensiva contra os servizos públicos e os nosos sinais de identidade non fixo máis que aumentar progresivamente sen que se visibilice máis fin que a teima da completa destrucción do noso Pobo. E como xa […]

20-N: a mocidade rebelde co BNG!

Non temos por que escoller entre o mal menor e o maior, entre a dereita a a extrema dereita. A mocidade traballadora e estudante que saiu ás rúas nos últimos meses a protestar en defensa dos seus dereitos ten que ir agora a votar en favor de opcións que os defendan. Os de arriba votan sempre polo seus e mobilízanse activamente para conservar o control do goberno, para que todo siga igual. Os de abaixo, que somos máis e temos a razón do noso lado, temos que mobilizarnos, pois a nosa pasividade é a principal baza coa que contan para derrotarnos.

Contra os recortes do PP, folga no ensino!

Coincidindo coas xornadas de folga convocadas polo profesorado de ensino secundario, a Liga Estudantil Galega chama o estudantado galego a mobilizarse neses días. A seguir reproducimos o comunicado da organización estudantil:

No Día da Patria, movémonos pola soberanía e o socialismo!

Unhas 20.000 persoas participaron na manifestación convocada polo BNG para reclamar soberanía, democracia e traballo. O Día da Patria, que cumpriu coas expectativas en canto á participación da base social e militante, serviu para manifestar as propostas do nacionalismo fronte ás políticas neoliberais de PP e PSOE, en Compostela e en Madrid, nun momento […]

Isca, 5 anos organizando a mocidade rebelde!

 
O 15 e 16 de xullo de 2006 tiña lugar en Compostela a nosa Asemblea Constituínte. Alí púñase a primeira pedra no difícil proxecto de consolidar un novo espazo político xuvenil no seo do nacionalismo, un espazo nidiamente independentista e revolucionario que fose capaz de combinar incidencia social con un discurso coherente e desacomplexado. Para […]

25 de xullo: patria e revolución!

Chega un novo Dia da Patria, unha data que para nós marcou sempre no calendario unha xornada de reivindicación e loita. Unha loita que hoxe se fai mais necesaria que nunca, no medio dunha ofensiva continuada por parte dos gobernos e o capital contra os nosos dereitos como nación e como clase.
Nun contexto como este […]

Contra o capitalismo. Rebélate, loita, organízate!

Isca! desenvolverá nas próximas semanas unha campaña axitativa e de propaganda de denuncia do sistema capitalista. Nun momento como este, en que está mais a debate que nunca a lexitimidade do modelo social e económico no que vivimos, é importante incidir no seu verdadeiro carácter explotador e opresivo, deixando claro que calquer reivindicación dunha democracia […]

O capitalismo fracasou. É hora do socialismo!

Máis un ano, volvemos sair ás rúas coa CIG para conmemorar o 1º de maio, Día Internacional da Clase Traballadora.
Este é o texto da nosa folla axitativa “Rebater”, que distribuímos nas manifestacións da CIG:
O capitalismo fracasou. É hora do socialismo! 
Neste 1º de maio a mocidade galega debe contribuír a amosar, un ano máis, a forza […]

O 26 de marzo constitúese a nova organización do estudantado galego

Baixo o lema “Estudando, Loitando, Construíndo” as e os estudantes que iniciaron a súa andaina o pasado día 26 de febreiro, xunto con moitas outras compañeiras e compañeiros que foron progresivamente sumándose ao proceso, celebrarrán a súa Asemblea Nacional Constituínte, que terá lugar o 26 de marzo no Salón de Actos da Facultade de Dereito […]

Máis de 150 estudantes abandonan os Comités e poñen en marcha unha nova organización estudantil nacionalista e de esquerdas

O pasado sábado 26 de febreiro marcou un importante punto de inflexión no movemento estudantil galego. Nesta data, en que estaba fixada a Asemblea Nacional dos Comités, fíxose público un documento asinado pola maioría de membros da organización en que denunciaban toda unha serie de irregularidades por parte da minoría que controlaba os organismos de […]

Imaxes


RSS do MGS


TAG CLOUD