Biblioteca universitaria da USC aberta 24 horas por medio de estudantes

peche.jpg

A Biblioteca da facultade de Económicas e Dirección de Empresas abrirá esta fin de semana en horario continuo (24Horas) por iniciativa dos propios estudantes da USC e dos Comités do Campus Norte. Ante a negativa da universidade de proporcionar un espazo de estudo no Campus Norte na época de exames, como o que ofertan no Campus Sur coa biblioteca Concepción Arenal, os estudantes decidimos tomar a xestión pola nosa conta e manter nós propios a biblioteca aberta as 24 horas dando un servizo de máximos para quen a precisar. Tras unha numerosa concentración a semana pasada e 40 estudantes pechados o martes 11 toda a noite na mesma, dende a vicerreitoría dirixida por Vázquez Taín seguían vendo innecesaria a apertura da biblioteca antes do martes 24 de maio xustificándose en falseados criterios economicistas, propios dunha universidade privatizada e elitista, pasando por alto que todos os estudantes temos os mesmos dereitos independentemente de estudarmos no “excelente” Campus Vida ou no esquecido “Campus Morte”.

Os estudantes, que permanecerán pechados dende a noite do venres 14 até a próxima semana, logramos tras o peche do martes 11o compromiso de apertura en horario extraordinario pola propia universidade o martes 18 adiantándoo en dúas semanas e axustando o horario de xeito realista ao calendario de exames imposto pola adaptación ao EEES. Experiencias coma esta demostran que dende a base se poden levar adiante iniciativas populares incluso en facultades privatizadas até o extremo de ter dentro unha sucursal bancaria.

Acude a estudar esta fin de semana á biblioteca de Económicas: participa na loita por unha universidade popular, galega, democrática e de calidade!

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario