Arde Galiza (e a Xunta ocúltao)

Galiza está a sufrir máis un ano o fatídico drama dos lumes forestais, desta vez acrecentado pola forte seca que converteu os primeiros meses do outono nunha prologanción do verán. O pobo galego está a ver como se propagan sen freo os meirandes lumes do ano xusto despois de que a Xunta reducise o númeo de brigadas no monte, as cales pasaron a temporada de incendios demandando uns mínimos de equipamento co que traballar, reclamos que o goberno de Feijóo non atendeu.

Dende a Asemblea de Zona de Isca! de Ourense organizamos este acto para denunciarmos o ocultamento por parte das institucións que nos gobernan de todo o que está a pasar no monte galego. Preténdese facer ver á xente que o do lume é un problema menor e sen importancia, cando se está a consolidar a destrución do noso patrimonio natural máis valioso. É por iso que sinalamos a Xunta como principal culpábel pola súa pasividade e pola súa prepotencia á hora de tratar publicamente o tema, negando mil e unha veces que Galiza arde imparablemente.

No acto intervirán David Rodríguez (alcalde de Manzaneda polo BNG) e Gerald Lucas Parada (Brigadista de SEAGA e delegado sindical pola CIG), e terá lugar o próximo mércores 26 de outubro ás 19:30h no Ateneo de Ourense.

acto-lumes.png

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario