Arde a monarquía. Acción conxunta contra a continuidade do Réxime.

A seguir reproducimos o video dunha nova acción conxunta levada a cabo coordenadamente en diversos pobos como resposta á coroación do novo rei así como o texto que acompaña ao video:

Na primeira semana do reinado de Felipe VI, a mocidade dos distintos pobos baixo xurisdición do Estado Español quixemos darlle a benvida mostrando o noso máis profundo rexeitamento, convertindo en cinzas as imaxes do novo monarca, así como a do seu pai Juan Carlos I e a de quen lles subiu ao trono, o ditador Francisco Franco. Con esta acción queremos denunciar o continuísmo do franquismo no sistema actual e esixir unha ruptura co Réxime do 78 por medio de procesos constituíntes nos nosos pobos. Sendo así a monarquía non só unha figura anacrónica, senon unha das principais iconas do patriarcado, a opresión de clase e nacional así como representar os auténticos valores do españolismo: corrupción impune e opulencia ante as miserias.

Queremos mostrar desta maneira que nos opoñemos a reverenciar ningunha monarquía e que desde os seus primeiros días no trono loitaremos pola súa abolición, sendo o seu peor pesadelo. Loitaremos por desfacer o seu reinado, construído a base de represión e tortura, silenciando violentamente o dereito a decidir e a vontade do pobo. Loitaremos pola liberación nacional, social e de xénero

Desde Aragón, Andalucía, Euskal Herria, Galiza, Països Catalans e Castela: que arda a monarquía! Que arda o Réxime!

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario