Ante o 50º aniversario da creación da Bandeira Nacional Canaria

A mocidade rebelde galega organizada en Isca! quere mandar un saúdo á mocidade canaria que loita por unha patria independente, socialista e feminista, na data que conmemoran o 50 aniversario da creación da súa bandeira nacional.

Aínda sendo de diferentes continentes únenos a loita contra un sistema que nos explota e un estado que nos nega como nacións, por iso é mester a creación de dinámicas de solidariedade e aumentar o apoio internacionalista, acumulando forzas en favor da soberanía e o cambio social

Desde Galiza animámosvos a seguir na vosa loita contra Repsol e o proxecto de extración de petróleo nas vosas costas. Ao igual que vós, na nosa nación foron e son varios os intentos de expolio no que as empresas, co permiso dos distintos gobernos antipopulares, teñen como obxectivo a busca de lucro a costa da destrución do medio natural. Foi e é a loita organizada de todo o pobo a que é quen de deter as ambicións do capital e por iso é que seguimos a confiar na loita do pobo organizado en todas as partes do mundo e tamén no voso país, conseguindo deter as prospreccións petrolíferas.

Só vencen os pobos que loitan!

Viva Canarias libre e socialista!

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario