Acto contra os recortes sanitarios de Feijóo

Despois de máis de dous ano e medio da chegada do goberno de Feijoo á Xunta de Galiza, a maquinaria posta en marcha co fin de recortar os dereitos sociais do Pobo galego comeza a dar os seus froitos de xeito acelerado.

Ás reiteradas denuncias de incumplimentos en materia de dependencia, educación (que xa deron lugar a un conflictivo inicio do curso académico) ou servizos sociais, súmase tamén a progresiva privatización da sanidade pública galega. Recortes sanitarios que se traducen en marcar os prezos da atención sanitaria por un uso indebido dela sen se ter lexislado a que se refire este termo ou até a retirada do cartón sanitario aos parados de longa duración sen notificación previa.

Desde a Asemblea de Zona de Isca! da Coruña organizamos un acto de denuncia da política que a Xunta do Partido Popular está a levar a cabo en materia sanitaria no cal intervirán Ana Luisa Bouza, portavoz en materia de sanidade do BNG no parlamento galego e Moncho Veras, portavoz da plataforma SOS Sanidade Pública na Coruña.

Terá lugar o vindeiro venres 16 de decembro nas 20:30 no local da Asociación Cultural Alexandre Bóveda sito na rúa Olmos 16-18, 1º andar.

sanidade.jpg

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario