Accións contra os xoguetes sexistas

xoguete34O nadal é unha das datas destacadas onde o capitalismo patrocina un modelo de consumo desmedido en forma de agasallos, que mostran ás claras as diferencias, irreais, do xénero. Así o capitalismo e o patriarcado aliméntanse mutuamente, e por medio do desenfrenado consumo de produtos, reprodúcense tamén os roles que o home e a muller deben ocupar na sociedade patriarcal, inculcándolles iso ás máis pequenas.

Así vemos como os xoguetes destinados aos nenos, por norma xeral, son aqueles que estimulan a competición, o liderazgo, a enerxía, a invención, etc. Porén os destinados ás nenas son aqueles que as seguen a relegar ao traballo doméstico, á limpeza, aos coidados, etc. Esta diferenciación dase con gran forza nas campañas publicitarias e na xoguete40meirande parte dos anuncios dos medios de comunicación. Estes xoguetes sexistas seguen a reproducir estereotipos patriarcais.

Desde Isca!, que entendemos o xénero como un construto histórico e os xoguetes como un instrumento máis para soster esa construción social, levamos a cabo estes días en diferentes partes do país, unha serie de accións de denuncia. Porque queremos rachar dunha vez por todas coa reprodución dos roles patriarcais.

>> Galería de imaxes



Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario