Acción contra a Lei Mordaza en Pontevedra

A asemblea de zona de Isca! en Pontevedra realizou este martes 13 unha acción simbólica de denuncia contra a Lei de Seguridade Cidadá, máis coñecida como “Lei Mordaza“. O obxectivo de silenciar diversas estatuas da cidade é mostrar a sociedade que quer construír o Partido Popular, unha sociedade sumisa e sen fala, vulnerando por decreto as liberdades que tanto esforzo e décadas de loita custou conquistar.

A clase dirixente, por medio dos seus representantes políticos, busca limitar as expresións dun pobo canso de tanta agresión en forma de perda de dereitos laborais e sociais, empobrecemento e de medidas de control ditatorial.

Pese a que no amparo da anterior lexislación a clase obreira sufriu numerosos casos de montaxes e represión policial, a aprobación desta nova lei vén a confirmar as intencións dun goberno -burgués e reaccionario- de dar maior impunidade aos corpos represivos e contar con maior liberdade para reprimir as protestas que cuestionen de raíz o sistema político e económico.

Por todo isto en Isca! temos o empeño de continuar a loitar en chave revolucionaria contra estas políticas ditatoriais e animamos a todos os movementos populares e disidentes a traballar sen medo e a construír unha nova sociedade baixo as premisas da liberdade, a xustiza social e a democracia.

>> Galería de imaxes

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario