A nosa responsabilidade está co pobo libio

Hoxe foron asasinados 40 manifestantes na praza Taghrir de Sanaa, no Iemen, cuxo goberno é apoiado polos EEUU e por Arabia Saudita.

Hoxe voaron o monumento da praza da Pérola, en Bahrain, país ocupado dende o mércores polas tropas de Arabia Saudita mobilizadas para punir as manifestacións nas que xa morreron algunhas decenas de persoas.

Hoxe os iraquís volveron sair á rúa para reclamaren pan e liberdade, en manifestacións que se repiten dende hai semanas, con numerosas vítimas mortais, nun país destruído de arriba abaixo polos EEUU e os seus aliados.

Nesta semana seguiron en Marrocos e en Arxelia os protestos na rúa contra os nosos amigos ditadores.

Nesta semana Palestina seguiu a reclamar a fin da ocupación israelita, apoiada polos EEUU e a UE.

Nesta semana morreron decenas de persoas nos bombardeos decote realizados polos estadounidenses sobre o Afganistán e o Pakistán.

Zapatero vén de declarar, após anunciar a participación de España nas operacións militares contra Libia: “A nosa responsabilidade está co pobo de Libia”.

Se ornean os burros e cuincan os cochos, porqué falan os socialdemócratas?

A nosa responsabilidade, a dos pobos europeo e estadounidense, é a de saír ás rúas, non só para protestar contra a intervención, non, senón para mandar a Zapatero e a Rajoy, a Sarkozy, a Berlusconi, a Obama e Clinton (e a tódolos demais) a facérenlle compaña a Mubarak e Ben Alí. Namentres iso non aconteza, nin o pobo de Libia poderá se librar de Gadafi nin o mundo pronunciar certas palabras sen se atragantar.

Pódese ser un inmoral honrado; un inmoral calado.

Santiago Alba Rico

 

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario