Isca!

En destaque

[O Carballiño] A loita contra os feminicidios

iscacarballinhoAs militantes de Isca! acreditamos na (auto)formación como unha das ferramentas precisas para loitarmos contra o modelo de vida e de relacións que nos impón o sistema, mellorando a nosa capacidade de acción política e militante para así transformar a realidade que nos tocou vivir. Acreditamos en que aprender sempre é a mellor maneira de avanzarmos, construindo alternativas aos poderes que nos queren ignorantes e sumisas.

Desta volta organizamos unha palestra baixo o título “a loita contra os feminicidios dende as institucións: límites e posibilidades“, porque é necesario aprendermos colectivamente a rachar co modelo que nos impón o capitalismo e o patriarcado. Cremos na necesidade de partillar preguntas e experiencias e dar pé á reflexión e ao debate polo que vos convidamos a asistir a esta xornada que terá lugar no Carballiño, no Casino do Carballiño (rúa Tomás María Mosquera, nº6) o sábado 11 de febreiro ás 19:30 horas coa presenza de Miryam Vázquez, militante de Isca! e Noa Presas, deputada do BNG.

Non faltes!

Difunde!