[A Coruña] Machismos na vida cotiá

palestraCoruDentro das múltiples batallas que temos abertas como mozas revolucionarias e feministas está a de reivindicar que a violencia contra as mulleres non é só física e que precisamente o patriarcado estruturou socialmente a violencia contra as mozas mediante un proceso de invisibilización das súas agresións, facendo que se naturalizasen até o punto de que o día a día no que vivimos, traballamos, estudamos, nos relacionamos e combatemos non convida a cuestionalas, facéndoas aínda máis perigosas ao non ser identificadas e, moito menos, cuestionadas para ser mudadas.

O feminismo ensínanos permanentemente a necesidade de aprender unhas das outras, de escoitar para analizar, cuestionar e transformar aquilo que nos somete. Por iso, desde Isca! organizamos este acto coa pretensión de mellorar o noso coñecemento sobre os diferentes comportamentos machistas do día a día. Cremos que as mozas, lonxe dos aparentes avances nas xeracións máis novas, sufrimos constantemente este tipo de agresións no noso cotián e é preciso sermos conscientes de que as padecemos para identificalas e así combatelas e traballar para eliminalas, desde o individual e o colectivo, sumando esforzos na batalla de erradicar progresivamente todas as manifestacións da violencia de xénero e do sistema patriarcal

O encontro terá lugar o vindeiro día 26 de novembro ás 20:00 horas no Centro Social Gomes Gaioso (Rúa Marconi nº9 baixo, A Coruña) baixo o título “machismos na vida cotiá“ e contaremos coa presenza da activista feminista Ximena González.

Non faltes!

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario