[A Coruña] Encontro formativo, o partido no movemento obreiro

Priorizarmos o traballo formativo é para nós unha necesidade para ser capaces de intervirmos socialmente e transformar a realidade que nos tocou vivir. Acreditamos na (auto)formación como unha das ferramentas precisas para loitarmos contra o sistema de vida que nos impón o capitalismo, mellorando a nosa capacidade de acción política e militante.

Por iso organizamos o vindeiro xoves día 30 ás 19:30 na aula 2.3b da Facultade de Informática da Coruña un encontro formativo onde trataremos a historia e importancia da organización e o partido comunista no movemento obreiro. Porque, xa dicía Lenin, o proletariado non dispón, na súa loita polo poder, de máis arma que a organización. 

Agardámosvos!

>> Escolma de textos sobre os que falaremos

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario