[A Coruña] Acto + concerto. A mocidade en loita pola República Galega

 

Achégase un novo Día da Patria, e pouco, moi pouco, cambiou para a mocidade galega desde o 25 de xullo do pasado ano. A situación de precariedade xeralizada, desemprego masivo ou emigración forzosa (se é que queda xa alguén para emigrar) continúan a ser a constante que atravesa a boa parte da mocidade galega. E unha vez máis toca indicar que isto non é só un problema de bos ou malos xestores, non é un problema concreto de boas ou malas políticas, é algo moito máis profundo.

É o capitalismo e a situación periférica e de dependencia de Galiza. Nunca tan clara como agora estivo a relación entre o noso proxecto de liberación nacional e o dunha transformación social digna de tal nome. Sen capacidade de decidir, sen soberanía política, económica e cultural para que o noso pobo tome nas súas propias mans o seu destino, non poderemos tecer alternativas a unha realidade cada vez máis opresiva para a mocidade.

Disto é do que falaremos o vindeiro mércores día 18 na Coruña, acompañadas tamén de festa e baile. Convidámoste a que participes ás 20:00 horas na mesa redonda onde se abordarán alternativas para que a mocidade galega rache coa precariedade, o desemprego e a emigración, con representantes da CIG, o BNG e a nosa organización. Ao rematar, a partir das 21:30 horas, terá lugar un concerto cos grupos de música Xebre e Ulträqäns.

Palestra e concertos terán lugar no Campo da Leña e haberá comida e bebida a prezos populares.

Espalla e non faltes!

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario