Isca!

En destaque

[8 de marzo] Para todas, todo! #FolgaDeMulleres

 

Este oito de marzo paramos, paramos para demostrar que o traballo diario tamén o sacamos adiante as mulleres e mozas de clase traballadora en desigualdade de condicións, paramos para demostrar que sen o noso traballo o mundo tamén para.

Deixamos de traballar, de estudar, de consumir… porque estamos fartas de sermos nós quen deixa tempo, saúde e independencia para seguir alimentando un sistema que nos explota e que destrúe as nosas vidas.

Paramos porque estamos fartas de que se nos hipersexualice, que se nos cousifique, que se lexisle sobre os nosos corpos sen importar a nosa opinión, paramos porque estamos fartas de ser obxectos de consumo e man de obra barata.

Organizámonos neste oito de marzo para convocar unha folga de mulleres porque o sistema capitalista e o sistema patriarcal están intrínsecamente ligados, porque entendemos que non poderemos rachar co capitalismo sen rachar tamén co patriarcado.

Desde Isca! achamos imprescindíbel a autoorganización das mulleres ao redor do oito de marzo, porque nos organizamos para facer fronte a toda explotación que vivimos, tamén nos nosos postos de traballo, de ensino… Faremos folga o vindeiro oito de marzo para utilizar a mellor ferramenta de presión que temos: folga de consumo, laboral, estudantil e de coidados.

Tomaremos as rúas para reclamar o que é noso, porque para todas, todo.

Este 4 de marzo imos á manifestación de Vigo baixo o lema “Para transformar a vida das mulleres” e este 8 de marzo paramos, nos paros convocados pola CIG, porque temos razóns máis que de sobra para reclamarmos o que é noso: unha vida digna para as mulleres da clase traballadora.

Difunde!