-

- 16.Mai / manifestación nacional en Compostela
- 17 de maio: Na Galiza en galego!
Nun país como Galiza, onde a lingua nacional permanece minorizada, deturpada e apartada de facto do poder económico -e do político, por moito que cargos públicos español falantes nos honren co seu castrapo fronte á cámara- o combate pola normalización ten por forza de ser diario, constante e orientado cara a consecución do monolingüísmo social na lingua propia.
-

- 30.Abr / cara a unha nova folga xeral
- 1º de maio: organización e loita!
A mocidade máis combativa de Galiza ten motivos abondo para tomar as rúas neste 1º de Maio. O capital declarou unha guerra contra a clase traballadora e o conxunto das maiorías sociais, e a ofensiva contra os dereitos laborais e todas as conquistas de dous séculos de movemento obreiro é cada día máis brutal.
-

- 12.Mar / paremos a reforma laboral!
- O futuro gáñase loitando. 29-M, folga xeral!
Desde a nosa organización levamos tempo dicindo que é momento, agora mais que nunca, de organizarse e de loitar. Así o fixemos en setembro de 2010 e en xaneiro de 2011, chamando a secundar as folgas xerais convocadas no noso país. Esas son as única ferramentas que ten a nosa clase para deter os sucesivos ataques aos que nos vemos sometidos nos últimos anos coa excusa da crise económica. […]
-

- 05.Mar / 22 e 29 de março
- Estamos fart@s! O estudantado sai à rua em defesa dum futuro digno.
A Liga Estudantil Galega vem de lançar umha campanha nacional baixo o lema “estamos fart@s!”, chamando ao estudantado a mobilizar-se em todo o país no próximo dia 22 de março, com paros nas aulas (a partir das 11:30h) e concentraçons (às 12:30h). Ademais, convocam o estudantado galego a secundar a greve geral convocada pola CIG para o próximo 29 de março. O objectivo nom é só denunciar umha reforma laboral que condena os estudantes a um futuro de precariedade laboral, senom também a política de recortes no ensino público que já deu lugar a diversas mobilizaçons estudantis nos últimos meses.
-

- 14.Dec / manifestación e partido en Teo
- Unha nación, unha selección!
Logo de máis de dous anos e medio da chegada do Partido Popular ao goberno da Xunta de Galiza a ofensiva contra os servizos públicos e os nosos sinais de identidade non fixo máis que aumentar progresivamente sen que se visibilice máis fin que a teima da completa destrucción do noso Pobo. E como xa […]
-

- 16.Nov / Nin dereita nin extrema dereita
- 20-N: a mocidade rebelde co BNG!
Non temos por que escoller entre o mal menor e o maior, entre a dereita a a extrema dereita. A mocidade traballadora e estudante que saiu ás rúas nos últimos meses a protestar en defensa dos seus dereitos ten que ir agora a votar en favor de opcións que os defendan. Os de arriba votan sempre polo seus e mobilízanse activamente para conservar o control do goberno, para que todo siga igual. Os de abaixo, que somos máis e temos a razón do noso lado, temos que mobilizarnos, pois a nosa pasividade é a principal baza coa que contan para derrotarnos.
outras novas
-

- 08.Mai /
- 10 de maio: folga no ensino contra a suba das taxas!
O anuncio dunha brutal suba das taxas, sumada aos sucesivos recortes no ensino, son medidas destinadas a vetar o acceso á universidade dos fillos e fillas da clase traballadora, elitizando ainda máis o acceso ao ensino. Por iso, cómpre agora máis que nunca unha contundente resposta estudanti como a que por todo o país está […]
-

- 23.Abr / 27 de abril na Coruña
- Acto na coruña sobre ecoloxismo, política forestal e actitudes.
A Asemblea de Isca! da Coruña organiza unha charla-coloquio arredor do ecoloxismo en xeral, sobre as actitudes individuais e colectivas a respecto deste tema, e máis en particular a respecto das políticas de prevención e extinción dos incendios forestais levada a cabo pola Xunta de Galiza, todo motivado pola recente queima das Fragas do Eume.
Contaremos […]-

- 03.Abr /
- Lumes nunca máis! Defender o monte é defender Galiza.
A nosa organización estivo presente nas concentracións que tiveron lugar onte en diversas cidades e vilas galegas para esixir responsabilidades políticas polos lumes nos nosos montes, especialmente o brutal incendio que aínda hoxe consome parte do parque natural das fragas do Eume. Así mesmo, elaboramos e difundimos propaganda en diferentes lugares do país denunciando esta […]-

- 06.Mar / mulheres em luita
- 8 de março. Os direitos ganhados defendem-se, os direitos pendentes exigem-se
Num contexto de crise económica como o atual, imerso de cheio numha reforma laboral que precariza ainda mais o emprego e reduz os direitos da classe trabalhadora, compre mais que nunca a mobilizaçom e a organizaçom para reclamar o protagonismo das nossas luitas diárias, com o fim de superar a sociedade patriarcal, procurando um […]
breves
- Entrevista a Bernal Rúa, documentalista da FESGA-CIG
Publicada no nº 7 da revista Arredista!, editada polo MGSDurante a folga do 29 de marzo de 2012 foi detido e agredido por catro policías mentres gravaba a actividade dun piquete informativo no Alcampo de Coia, en Vigo. Na actualidade, os catro policías están procesados por un presunto delito de detención ilegal, danos e […]
- A CIG chama ao estudantado a mobilizarse no 1º de maio contra a suba das taxas
A CIG ven de lanzar unha campaña chamando ao estudantado a mobilizarse contra os recortes no ensino e a suba das taxas saíndo à rúa no 1º de maio. Este é o texto da propaganda que a central sindical nacionalista está a difundir:
- Marcha pola apertura da torre de hércules
M A N I F E S T O
Os colectivos e asociacións presentes, a través do seguinte comunicado, esiximos ao goberno municipal do Partido Popular a reapertura inmediata do noso faro máis emblemático, patrimonio da humanidade, fonte de atracción turística e gardián silencioso da historia da nosa cidade e da Nosa […]- Intervención da nosa compañeira Raquel Vázquez ao remate da manifestación da CIG en Vigo
Ao seguir reproducimos o vídeo da intervención da nosa compañeira Raquel Vázquez, responsábel da Sección Sindical da CIG na empresa Unísono, que interviu ao remate da mobilización da CIG en Vigo no 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, para dar voz á mocidade traballadora, neste caso a dun sector particularmente precarizado como é […]












